Esta opción restaura todos los widgets o categorías de esta página que hayan sido cerrados, a su versión original.

Restaurar
Menú de Navegación

A segunda fase de ‘Km 0 a Compostela’ promociona Lugo

SANTIAGO. AGN.- O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este martes en Portomarín o programa ‘Km O a Compostela’, que se ocupa de promocionar a provincia lucense e que muralla de lugoconta con preto de 10.000 persoas inscritas. Gómez Besteiro fixo un treito do Camiño Francés ao seu paso por este municipio.

Esta iniciativa converte á Deputación de Lugo na primeira administración que pon en marcha un programa organizado para promocionar os catro Camiños que pasan pola provincia de Lugo: o Francés, o Primitivo, o da Costa e o do Sur.

De feito, o pasado 3 de agosto, na reunión que o presidente da Xunta de Galicia mantivo cos representantes das catro Deputacións galegas, Gómez Besteiro entregou a Núñez Feijoo un dossier de ‘Km0 a Compostela’.

Nesta segunda fase, pásase de 88 rutas a 135. Esta iniciativa tamén ofrece a posibilidade de degustar e promocionar produtos autóctonos da provincia, na procura de reactivar a economía local.

A segunda etapa rematará en xuño de 2010. Nestes momentos, 10.000 persoas xa formalizaron a inscrición, aínda que as previsións indican que cando remate a segunda fase chegarase ás 22.000. Está cuberto ata o mes de abril e xa están en lista de espera unhas 56 solicitudes, entre as que hai persoas de Coruña, Pontevedra e Ourense.

No ‘Km0’ as rutas máis solicitadas seguen sendo a Ribeira Sacra e a Mariña Lucense. Dentro de ‘Km0 Xtreme’, máis de 300 persoas realizaron as súas solicitudes e teñen asignada unha ruta. Neste caso, as opcións máis demandadas son as que inclúen unha viaxe en helicóptero desde Ribadeo, Lugo e Monforte, ‘Lugo Submarino’, ‘a Cabalo’, ‘Móllate!’ e ‘Multiaventura’.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...

Escribe un comentario