- Berenguela - http://www.berenguela.com -

Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago reclama unha solución á folga do transporte que está afectando ao turismo

gremio [1]O Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago reclama unha solución á folga do transporte que está afectando ao turismo

Consideran que o dano que se está producindo ao turismo é moi grave en plena tempada alta. Solicitan que se garantan os servizos mínimos, as comunicacións con aeroportos e estacións de tren, os servicios discrecionales(excursiones de un día ,grupos que teñen  a disposición un autocar,traslados,  cruceros, etc) e que se informe con claridade dos servizos suprimidos e dos dispoñibles.

A asociación Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago -entidade composta por empresarios de hospedaxe en todas as súas modalidades nas distintas rutas xacobeas en Galicia- reclama a todas as partes implicadas no conflito do transporte que busquen unha solución, para evitar os danos que se poden ocasionar en plena tempada alta ao sector turístico se, como se anuncia, a folga faise indefinida a partir do próximo día 13. Ademais, desde o Gremio denuncian que non se están respetando os servizos mínimos e que se están detectando presións inxustificadas e mesmo violentas contra empresas de transporte de fóra de Galicia cando realizan un servizo dentro da nosa comunidade autónoma. Tamén critican a falta de información, que provoca que os viaxeiros non saiban a que aterse á hora de programar as súas viaxes en Galicia. “Dada a época do ano na que nos atopamos o dano ao noso sector pode ser moi importante se efectivamente se prolonga indefinidamente a folga do transporte, tal como vén anunciando” explica o Presidente do Gremio de Hospedaxe, Juan Maril. Sen entrar a buscar culpables, desde o Gremio solicitan a todos os implicados un esforzo que permita alcanzar unha solución e ,en calquera caso, que se garantan os servizos mínimos, as comunicacións coas estacións de tren e aeroportos e que se informe con claridade dos servizos suprimidos e dos dispoñibles.

Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago

www.hospedaxedoscamiños.com

comunicacion@hospedaxedoscamiños.com

Tfno: 666 499 913 (Juan Maril)